Arquivos de Xunta

Todo o que precises para o exame de galego e máis

Esta anotación serve tanto para preparar ben o galego nas oposicións, como para adquirir un pouquiño máis de cultura, que a ninguén lle ven mal, incluída a unha servidora…
Atopei unha paxina en internet que sen dubida e a perfecta para preparar unha oposición, e tamén para conseguir saber todo sobre o noso idioma.
Probablemente a páxina máis completa con recursos en galego que exista… so hai que abrir o enlace do final e comprobar a cantidade de recursos que atopamos sobre galego, incluíndo incluso dous cursos.
Para os demais exercicios se cadra xa non nos queda máis remedio que investir os cartos, pero o de galego podemos preparalo gratuitamente dende este repertorio de recursos sen que nos custe euro ningún.
Verdade que parece un agasallo do Nadal?
Ligazón aos recursos en galego (por calidonia)

Comentarios

U-los exames?

Despois de todo o rebumbio non podía deixar de comentar o da perda dos exames de aparelladores por parte da xunta.

Perder 123 exames, antes de corrixilos… Acaso e tan fácil que desaparezan documentos no que se supón que é un sitio seguro como a EGAP? Xa dimitiu o Director da función pública, José Rodríguez González.

Non vou comentar nada máis, porque a noticia xa fala por si soa sobre a seguridade con que son tratados os exames das oposicións. Supoño que nos exames que aínda non se fixeron tamén gardarán o mesmo mimo e coidado… calquera día desaparecen outros 123, dos que aínda non se fixeron, e aparecerán 123 plenos de exame na listaxe de aprobados.

Agora, outra vez a estudar o mesmo, e volta ao exame ¿Acaso non haberá indemnización para os prexudicados?

Ver novas:
A xunta perde exames

Dimite o director da función pública

Cese de outros tres altos cargos

Comentarios

Auxiliares Administrativos da Xunta. En Silleda tratan mellor as marelas.

Dia 01/07/2006

07:00 h

Toca ir ao exame da oposición para a xunta de Galiza. Antes de saír da miña casiña pregúntome coma todos e cada un dos opositores como encamiñará o novo goberno o tema das oposicións.

O anterior goberno deixounos moito que desexar coas clarísimas infiltracións que se produciron, que calquera con dous dedos de fronte se percataba do chanchullo que alí se cocía.

Seguidamente, denuncia da CIGA, que non serviu para nada, pois toda esa xente que nos estafou está agora pendente da inmerecida toma de posesión da praza, que ata para os enchufes estes procesos van lentos, xa se sabe… Pero o novo goberno xa está no poder, ¿que lle importa agora que esta xente entre na administración ilegalmente? agora non queren problemas, hai que esquecer o tema, aínda que sexa inesquecible.

09:15 h (aproximadamente)

Xa estamos en Silleda, nótase sobre todo pola temperatura, a do o polo norte de Galiza!!

Con todo ese engarrafamento temos que circular á vertixinosa velocidade de 10/20 Km/H, por iso non nos estrañou que houbese unha parella da garda civil de tráfico xusto na entrada do pobo, normal, estarían dirixindo a circulación…

Pois non!! Estaban empapelando a dous condutor…. Sería pola velocidade…

09:25 h (aproximadamente)

Situámosnos, temos que saber a porta que nos toca. Logo tomamos algo quente.

Ao saír dámosnos de conta de que as colas para os baños son infinitas, a razón é que os baños son sempre os mesmos e non se habilitan máis, haxa no recinto milleiros de persoas ou non, que máis da! así adestramos a vexiga para a guerra.

10:00 h (puntualísimos)

Comezan os chamamentos, cada persoa que entra no pavillón é rexistrada escrupulosamente…

mans arriba, detector de arriba abaixo e…. tachán! por favor, baleire enriba da mesa todos os obxectos que leve no bolso.

Se esqueceches deixar o móbil no coche, ou o máis gracioso, se viñeches en bus tes dúas opcións, “ou o levas ao coche ou o tiras” palabras textuais do persoal de apoio.

Por suposto, pregunto se podo ir ao baño. A negativa é absoluta e nun ton nada agradábel. Esta é unha nova maneira de tratar aos opositores que ten este novo goberno, non permitíndolles ir ao baño. Teño que aclarar que cando eu pedín por ir ao baño (eu e moitas persoas do meu arredor) aínda non fixeran a entrega do exame. E dicir, que o de que podiamos copiar non era desculpa.

Resultado: 3h castigados sen ir ao baño. máis como mínimo unha hora antes e outra despois pois os baños estaban practicamente inacadables

O mellor do exame:

“El Galego” da presidentísima do tribunal. Non podo ter máis palabras para definilo que triste e vergoñoso. Para explicarme mellor, iso non era galego, era o castrapo máis escandaloso que escoitei na miña vida. Tanto que daba ata vergoña allea escoitala. Con este exame xa aprendín algo, que para os membros do tribunal aínda existen os tempos compostos en galego, interesante… así como as palabras una, treinta …de todo.

Podo dicir que era un galego moitísimo peor que o de Touriño, e xa digo suficiente.

O reparto de exames foi tamén moi bonito. Hai que lembrar que antes tiñamos un exame bilingüe, para poder elixir, en castelán ou galego. IGUAL QUE AGORA so que che dan a elixir no momento de entregarcho. “¿castellano o gallego?” nin sequera cho ofrecen falando en galego.
según o pactado o exame ía a ser en galego para todos. Se querías o exame en castelán tiñas que pedilo expresamente antes de comezar. Iso pasárono polo forro e foron eles os que foron ofrecendo un ou outro, nada de ter que solicitalo expresamente. Esa é a maneira que teñen de promocionar o noso idioma.
Penoso. Estamos igual que antes pero con máis parafernalia. Para iso era mellor que o exame seguira sendo bilingüe, que así acababamos antes para poñernos na infinita fila do baño.

O exame tería que ser en galego, é xusto que como funcionarios se nos esixa o pleno coñecemento do idioma, senón a onde imos parar, a este paso falaremos todos como a presidenta. ¡Que pesadelo!

Nova política monetaria da xunta de Galiza:

Se te esqueceches do lapis ou da goma de borrar… trema!! que o persoal de apoio non o facilita. Pero se co espantoso goberno do Sr Fraga se repartían!! pero se pagamos 23€ por asistir a ese exame!!

Unha opositora, coa cabeciña nas nubes levou un bolígrafo en canto de un lapis, pero unha auténtica descoñecida, que levou dous dáballe un deles. Ela optou mellor por pedirllo ao persoal de apoio, e non tivo ningún problema, só tivo que DEVOLVERLLO ao acabar o exame posto que era prestado! e menos mal que non o levou que aínda a sancionan!

Tamén quería comentar a temperatura que había no pavillón en pleno mes de Xullo. Algo que por suposto non pasa na semana verde, nin ningún acto, congreso e demais:
Con sandalias, os dedos dos meus pes comezaron a poñerse cianóticos. Cada vez estaban máis negro-azulado, e coa miña vexiga a piques de estourar, entre o frío e as ganas de ouriñar estaba a punto marearme.

Saín do exame, deixando preguntas en branco, aínda me quedaba unha horiña na fila dos baños… era contestalas ou mexarme na cadeira. (esa estupenda cadeira de praia plástico ultimo modelo, sen máis apoio para escribir que unha pequena táboa apoiada enriba dos xeonllos) optei por saír.

Como vedes, foi un día estupendo dende o comezo ata a fin.

A plantilla coas respostas correctas colgábase no taboleiro de anuncios ese mesmo día as 15:00 h, canta máis xente coma en Silleda e deixe alí os cartos mellor! Así que para que colgala á saída do exame?

Tratan mellor as marelas

Opositores esperando ser chamados

Opositores esperando ser chamados.

Opositores facendo o exame

Opositores facendo o exame

Comentarios (2)

Estimados opositores

Nesta páxina ábrese un lugar onde verter todas aquelas anécdotas, inxustizas e demais relacionadas coas oposicións públicas.

O actual mercado laboral está obrigando a que milleiros de persoas que en Galiza se fixeron con unha licenciatura ou diplomatura concursen nos procesos públicos de emprego para conseguir unha praza na administración.

Estes opositores optan por presentarse ás prazas de grupos D e E, máis que nada porque as dos grupos que lles corresponderían A ou B, son practicamente inacadables.

De aí que cando se presentan tal cantidade de persoas para unhas cantas prazas dea lugar a favoritismos e demais.

Esta páxina pretende denunciar todas aquelas irregularidades que se producen, e que a maior parte das veces quedan esquecidas.

Animo a que todas aquelas persoas que vexan que os seus dereitos son vulnerados o denuncien nesta páxina.

Non hai que esquecer que a unión fai a forza.

Un saúdo para todo/as.

Comentarios