Arquivos de Administración local

Todo o que precises para o exame de galego e máis

Esta anotación serve tanto para preparar ben o galego nas oposicións, como para adquirir un pouquiño máis de cultura, que a ninguén lle ven mal, incluída a unha servidora…
Atopei unha paxina en internet que sen dubida e a perfecta para preparar unha oposición, e tamén para conseguir saber todo sobre o noso idioma.
Probablemente a páxina máis completa con recursos en galego que exista… so hai que abrir o enlace do final e comprobar a cantidade de recursos que atopamos sobre galego, incluíndo incluso dous cursos.
Para os demais exercicios se cadra xa non nos queda máis remedio que investir os cartos, pero o de galego podemos preparalo gratuitamente dende este repertorio de recursos sen que nos custe euro ningún.
Verdade que parece un agasallo do Nadal?
Ligazón aos recursos en galego (por calidonia)

Comentarios

Prazas dubidosas no concello de Carballo

Opinións sobre a transparencia nas oposicións de “La Voz digital”. O concello de Carballo e o centro da atención.

Dúas ligazóns: Primeira Segunda

Comentarios

Estimados opositores

Nesta páxina ábrese un lugar onde verter todas aquelas anécdotas, inxustizas e demais relacionadas coas oposicións públicas.

O actual mercado laboral está obrigando a que milleiros de persoas que en Galiza se fixeron con unha licenciatura ou diplomatura concursen nos procesos públicos de emprego para conseguir unha praza na administración.

Estes opositores optan por presentarse ás prazas de grupos D e E, máis que nada porque as dos grupos que lles corresponderían A ou B, son practicamente inacadables.

De aí que cando se presentan tal cantidade de persoas para unhas cantas prazas dea lugar a favoritismos e demais.

Esta páxina pretende denunciar todas aquelas irregularidades que se producen, e que a maior parte das veces quedan esquecidas.

Animo a que todas aquelas persoas que vexan que os seus dereitos son vulnerados o denuncien nesta páxina.

Non hai que esquecer que a unión fai a forza.

Un saúdo para todo/as.

Comentarios