Móvete contra a integración do persoal das fundacións no Sergas
Comunicado que remite ao persoal do SERGAS, Isabel Faraldo Calvo, membro do sindicato da función administrativa do Sergas (SPF)
Defende os teus dereitos e móllate!!
Uns compañeiros da Coruña están levando a cabo unha iniciativa para denunciar a sangrante integración do persoal das Fundacións (sen oposición, sen ningún proceso selectivo previo….).
O prazo para a impugnación remata o 25 de xullo.
Falado con dous prestixiosos avogados de A Coruña, existen visos de que poida sair adiante. Os pasos básicos serían:
Publicación dun anuncio da impugnación nos periódicos de maior tirada de Galicia.
Recurso de Casación previo o Tribunal Supremo.
Demanda ante o Tribunal Supremo.
Todo esto ten uns costes cercanos os 3000 euros.
Os compañeiros están a propiciar unha derrama para que os traballadores afectados e interesados fagan a súa aportación e deste xeito, entre todos, poder asumir a cantidade monetaria que supón.
Acometerase a impugnación si o número de traballadores e suficiente como para que por persoa veña saindo a menos de 30 euros. O que está claro e que todo vai a depender dos interesados. (Por exemplo, con 150 persoas que se apuntasen falaríamos de 20 euros cada un).
En todo caso, os interesados terán que aportar o seu nome, dni e facer o ingreso nunha conta que se abrirá a tales efectos a nome dos 15 ou 20 demandantes que apareceran na impugnación, ca seguinte denominación PLATAFORMA DE IMPUGNACIÓN DO PROCESO DE INTEGRACIÓN DO PERSOAL DAS FUNDACIÓNS PUBLICAS.
Para mais información, poñedevos en contacto con:
DOMINGO SORGA
TLF. 651 833 270
O compañeiro é celador de Información no Hospital Abente y Lago, de A Coruña.
PASALLE ESTE CORREO OU ESTA INFORMACIÓN A TODOLOS QUE CONSIDERES INTERESADOS TANTO SANITARIOS COMO NON SANITARIOS.
Rosendo Says:
2 xullo 2007 at 4:09 pm
Primeiro entran nas Fundacións de Romay Becaría pola porta falsa e agora por acordo de tódolos sindicatos da Mesa Sectorial do Sergas van converterse, tamén pola porta falsa, xa non en persoal laboral do Sergas, senon en persoal estatutario do Sergas sen superar ningún proceso selectivo ( agás a pantomima que lles fixeron para entrar nas Fundacións).
¡Manda Carallo!
Pietro Says:
13 xullo 2007 at 1:57 pm
Oes.
Fai 3 días lin no diario o pais de que quería facer una reforma na Lei de Función Pública pola cal para acceder a un posto de traballo público sería necesario a experiencia. É dicir, concurso-oposición.
Deste xeito incumpriría o principio de igualdade, xa que a xente que accede por primeira vez a unha oposición non tería oportunidade ningunha.
Sabes algo? Escoitei que se constituira unha plataforma para protestar por esta lei que esta a piques de aprobarse.
Disidente Says:
21 xullo 2007 at 9:00 am
Eso e falso; esa xente aprovou unha oposición e unha entrevista. A pantomima estala facendo tí xa que a miña muller estudiou e aprobou sen negún tipo de enchufe ou axuda extra.
Algún quer retirarse a unha fundación ahora que van a ser do sergas e ten medo a que non haxa praza para él no concurso de traslados.
Panda de mangantes; nunca movestedes un dedo polas fundacións, donde se traballaba moito mais e se cobraba memos por culpa de artificios legales dos de PP e agora tedes gula polo concurso de traslados futuro.
Neste pais para que algún poña cartos de seu bolsillo e que espera sacar mais beneficio. Como dixo Hercules Puarot o culpable e sempre o que se beneficia economicamente e ningún destes defensores da legalidade vai por 30 euros sen a posibilidadade de beneficiarse no futuro.
País.
Estatutario Says:
23 xullo 2007 at 12:16 pm
Xa vexo que e parecido a OPE de médicos do SERGAS, si “oposición”: memoria + entrevista; e calachades todos como putas. E como non somos cacaces de ser xustos temos que votar a culpa a quen peor o paosu durante estes anos. Dame vergoña traballar con esta xente.
oposicions Says:
24 xullo 2007 at 9:19 am
Ben, respetamos todas as opinións, salvo as de insultos que como comprenderedes nin veñen ao caso, nin nos afectan para nada.
Dicir que case se está conseguindo, e que xa se lles deu o poder xudicial aos avogados para que actúen.
Non estamos pedindo que se lles quite ningún dereito as persoas das fundacións como PERSOAL LABORAL que son, aínda sabendo que a maioría entraron de maneira digamos “pouco lícita”.
O que se está a pedir é que non adquiran dereitos de persoal ESTATUTARIO, posto que iso é o que non son, polo menos ata que pasen un proceso selectivo en igualdade xunto co persoal que pretende acceder ao Sergas.
Non se sabe moi ben cal é o motivo de que este goberno pretenda tal irregularidade, mermando así os dereitos do persoal estatutario, que accedeu aos seus postos de maneira ben distinta.
Para as persoas que están ingresando os cartos sen falar previamente con Domingo Sosga, ao que agradecemos infinitamente todo o que está facendo polo colectivo estatutario, dicirlles que é moi importante poñer os datos persoais e o teléfono cando efectúen o ingreso.
Moito ánimo para todos. Nada é imposible se estamos xuntos nisto.
Estatutario Says:
13 agosto 2007 at 10:26 pm
Pero ainda no me contestaches a pregunta,
¿por qué non protestache na OPE de médicos do SERGAS (a extraordinaria) na que se diron as prazas a dedo?
Non se pode utilizar duas formas de medir según nos interese. Como estatutario dame absoluta vergoña o que estades a facer. Xa non quero ni pensar no de un sistema sanitario público “unico”.
oposicions Says:
22 agosto 2007 at 8:21 am
Estatutario: independentemente de que se estea a favor ou en contra do que pasou na extraordinaria (eu estou en contra), para min comparar as dúas cousas e misturar o touciño coa velocidade.
Eu estaba en contra da extraordinaria, e sobre todo na de médicos na que había entrevista persoal. Penso que no momento en que hai unha entrevista persoal no acceso a un posto público deixa de ser transparente o proceso, e creo que coma min o pensa todo o mundo.
Agora ben, son dúas cousas moi distintas:
Na ope extraordinaria o que se valoraba principalmente era o tempo traballado no SERGAS, como persoal ESTATUTARIO temporal, e para o cal, esa xente tiña oposicións a ESTATUTARIO aprobadas anteriormente, e tamén moito tempo traballado como estatutario.
O que estamos a falar sobre as fundacións e outro tema distinto. como digo eu, e o touciño e a velocidade:
O que ocorre agora e que se integran como estatutarios, e mermando os dereitos do resto dos estatutarios persoal laboral que accedeu con:
-oposicións distintas
-Probas nas que se lles esixía outro tipo de requisitos
-Exames aos que se presentaba pouquísima xente. (no sergas preséntanse milleiros)
-Entrevistas persoais
-contratacións directas sen oposición etc…
Coa extraordinaria non estaba de acordo, nin eu nin moitísima xente, pero ninguén fixo nada (tampouco ti, imaxino), pero que unha vez nos conformemos, non quere dicir que xa todas as guerras estean perdidas.
Un saudiño
leriasaparte Says:
17 novembro 2007 at 7:02 pm
Ola,
A verdade é que é unha ledicia atopar unha páxina xustamente falando das oposicións. Non sabía da vosa iniciaitva, pero paréceme unha gran idea.
Ademáis, desculpádeme a publicidade pero eu creei este blog precisamente por unha irregularidade nas listas de substitución en Educación. A histori é larga pero eu quería dar a coñecele e por iso fixen a páxina, coa documentación incluida. Agardo que me visitides, e todo o mundo, porque o que quero é dar a coñecer o meu caso para que se saiba o que está a pasar.
Gracias e noraboa.