Arquivos de novembro, 2006

Ser á mesma vez xuíz e parte

Anulada unha oposición celebrada no 2005 para o centro de transfusión de Galicia, na que Roberto Garcia de Villaescura, quen dirixía a fundación no momento da convocatoria, era candidato a unha praza.

E aí non acaba todo, porque ademais era tamén membro do tribunal de selección.

A iso lle chamo eu estar pluriempregado… Iso si, sacar praza a primeira está garantido! ‘primeiro preguntas como tribunal, e logo respostas como aspirante’

No momento en que se interpuxo recurso, polo sindicato CIG, Sanidade, que naquel momento era do anterior goberno, soamente admitiu irregularidades e a destitución da persoa antes mencionada.

Sen dúbida, un dos casos máis graves e escandalosos na historia dos enchufismos.

Aquí vos engado unhas ligazóns:

Xuíz e parte 1

Xuíz e parte 2

Xuíz e parte 3

Comentarios

U-los exames?

Despois de todo o rebumbio non podía deixar de comentar o da perda dos exames de aparelladores por parte da xunta.

Perder 123 exames, antes de corrixilos… Acaso e tan fácil que desaparezan documentos no que se supón que é un sitio seguro como a EGAP? Xa dimitiu o Director da función pública, José Rodríguez González.

Non vou comentar nada máis, porque a noticia xa fala por si soa sobre a seguridade con que son tratados os exames das oposicións. Supoño que nos exames que aínda non se fixeron tamén gardarán o mesmo mimo e coidado… calquera día desaparecen outros 123, dos que aínda non se fixeron, e aparecerán 123 plenos de exame na listaxe de aprobados.

Agora, outra vez a estudar o mesmo, e volta ao exame ¿Acaso non haberá indemnización para os prexudicados?

Ver novas:
A xunta perde exames

Dimite o director da función pública

Cese de outros tres altos cargos

Comentarios