O timo de CEFIASA en Santiago (Opening revisited)
Reproduzo a seguir o texto dunha denuncia que efectuou un usuario do centro de estudios CEFIASA de Santiago de Compostela e na que narra as peripecias que viviu nos últimos seis meses. Como é posíbel que despois de cousas como o de Opening acontezan estas cousas? Como é posíbel que ocorra iso nunha cidade “de estudantes” como Compostela?
EXPOÑO QUE
§ A mediados de novembro de 2005 infórmome na delegación da academia CEFIASA en Santiago de Compostela para recibir aulas de formación presencial dirixida á oposición pública de persoal de servizos xerais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
§ O local de atención ao público e as aulas están sitas na Rúa Escultor Camilo Otero, nº 17, 15702 Santiago de Compostela, que foron abertas durante o ano pasado, 2005. O teléfono de contacto co se publicitan é o 981940494 e a súa páxina web http://www.cefiasa.com, que partillan co resto de centros.
§ A citada academia pertence ou ten algún acordo de colaboración co chamado Grupo Adams, con presenza non só en Galiza senón en diversas cidades de España. A súa páxina web é http://www.adams.es
§ No primeiro contacto co persoal de información deste centro se me informa dos seguintes extremos:
o O prezo de matrícula é de 40€
o O prezo da mensualidade é de 100,80€
o O prezo do temario sería de 60€
o As clases serían Martes e Xoves en horario de mañá e de tarde
o Sería posíbel asistir indistintamente nun horario ou no outro, garantíndome que o desenvolvemento das aulas correría de forma paralela.
§ Anímome a formalizar matrícula neste centro, animada especialmente por este último aspecto, na miña condición de traballadora eventual e estudante ao mesmo tempo. O pagamento que certifica a matrícula realízase no mes de decembro de 2005.
§ Xunto co xustificante de pagamento se me fai entrega dun único documento titulado “CONDICIONES GENERALES de Contratación de Clases Presenciais” na que non figura o nome de CEFIASA senón o de Centro de Estudios ADAMS. Nel se detallan unha serie de condicións, a algunhas das cales me refiro con posterioridade. Trátase dun díptico impreso a dobre cara e dobrado pola metade a modo de libro que non leva cuño, carimbo ou marca algunha de fe ou certificación por parte de ningunha persoa física ou xurídica. Adxúntase a esta documentación xunto co xustificante de pagamento.
§ Comezo a asistir ás aulas sen que existan exemplares impresos do temario que me foi referido no momento en que recadei información sobre os servizos do centro.
§ Ás poucas semanas de clase, no mesmo mes de decembro, decátome de que as aulas en horario de mañá e as aulas en horario de tarde non van sincronizadas nin en paralelo, en canto aos contidos impartidos nas mesmas.
§ En xaneiro de 2006, perante a non dispoñibilidade dun libro de temario e as repetidas preguntas dos alumnos, o persoal do centro proponnos que compremos un temario correspondente á anterior oposición do SERGAS, convocada no ano 2001.
§ Comunícanme nese momento que o prezo do temario non son 60€, como prometeron antes de matricularme, senón 105€, pois “a maiores había dous libros de informática”. Procedo a mercar o temario polo prezo de 105€.
§ As sucesivas aulas, entre xaneiro e marzo de 2006, transcorren con base no vello temario desfasado, con temas e Leis xa derogadas, sendo utilizadas aquelas partes non modificadas por normas legais posteriores ao ano 2001.
§ Isto ten lugar durante unha época na que é público e notorio que os sindicatos teñen pactado un temario oficial para a convocatoria de oposicións do SERGAS que todo o mundo agardaba para o presente ano.
§ Durante este período as clases de mañá e de tarde seguen sen ser paralelas.
§ En só un mes temos nunha mesma quenda, a de horario de mañá, un total de tres profesores diferentes para explicar o tema “procedemento administrativo”. Cada un deles empeza o tema desde cero, de xeito que é imposíbel avanzar.
§ O Centro decide un cambio de datas. As aulas deixan de ser impartidas os días martes e xoves, para ser os luns e os xoves, sen previa consulta aos alumnos.
§ No citado folleto de “Condiciones” é certo que se advirte da posibilidade de cambios nos horarios e nos profesores, pero en ningún caso isto foi advertido ou consultado previamente aos alumnos. Cito textualmente: “Los alumnos tienen derecho a ser informados sobre todo lo relativo a la programación y orientación de las clases”.
§ En abril de 2006, por motivos laborais e de fastío co xeito de funcionamento e cos incumprimentos do Centro, doume de baixa nesta academia e deixo de asistir ás aulas.
§ Dado que xa abonara con anterioridade o prezo do temario comunícanme que en canto saia o temario actualizado non vou ter ningún problema para ir alí e recollelo a cambio do antigo e desfasado.
§ O 29 de maio de 2006 teño coñecemento por terceiros de que a academia Cefiasa saca á venda o temario da parte común de todas as categorías de oposicións ao SERGAS, e me achego ao seu local de Santiago de Compostela para recollelo.
§ O persoal desta oficina me comunica que para levar agora o temario novo actualizado teño que volver pagar de novo un 50% do seu importe, posto que non estou asistindo as clases. Danme a elixir entre pagar este 50% de novo ou volver a ir ás clases abonando as mensualidades, en cuxo caso si que mo cambiarían.
§ Ante a sensación de fraude que experimento solicito a devolución do diñeiro abonado con anterioridade, negándose a devolverme o diñeiro a cambio da entrega o temario vello e non actualizado que me venderon e que levaba comigo.
§ Indignada con este comportamento procedo a darme de alta como usuaria na páxina web http://www.cefiasa.com para poder acceder aos seus foros ou fíos de debate e verter alí ao resto de usuarios actuais e potenciais do centro santiagués desta academia esta información de interese xeral, nos mesmos termos en que aquí está expresada.
§ Que esta información foi borrada de cando menos dous lugares distintos, suponse que polo administrador ou supervisor da páxina web do centro ou da empresa.
É por todo isto que me dirixo a XXX para presentar as presentes DENUNCIA e RECLAMACIÓN.
SOLICITO
- Saber se o citado centro de estudios posúe todas as licenzas municipais de actividade preceptivas e se está ao día no abono das taxas e impostos municipais que deba abonar.
- Saber se o citado centro cumpre todos os requirimentos legais no xeito de contratación e/ou matriculación que me foi aplicado á miña persoa e ao resto de alumnos.
- Saber se o citado centro incorreu en algún suposto de publicidade enganosa, antes da matriculación, durante os meses en que estiven matriculada e con posterioridade, ao non cumprir cos compromisos que me foron comunicado verbalmente.
- Saber até que punto o citado centro de estudios debe indemnizar aos alumnos por cambiar determinadas condicións claves de funcionamento sen previa consulta individualizada aos alumnos, nomeadamente na fixación de días e horas das aulas.
- Saber até que punto o citado centro debe indemnizar aos alumnos por frear o normal desenvolvemento das aulas debido a un evidente problema de falta persoal docente, de rotación exarcevada do mesmo ou de incompetencia na xestión. Élle esixíbel ao centro de estudos a posesión de medios e de recursos tanto humanos como materiais suficientes para o correcto desenvolvemento dos servizos que os alumnos contratamos con eles?
- Saber se é legal que o citado centro cobre dúas veces polo temario, desdicíndose así da afirmación que me fixeron en relación a que me sería trocado polo vello sen problemas, demostrándose ser isto mentira.
- Iniciar un proceso de reclamación suxeito a arbitraxe en todos aqueles dos anteriores puntos nos que os meus dereitos como consumidora (e os dos demais alumnos) fosen vulnerados polo citado centro, establecéndose a esixencia de devolución do importe abonado polo temario e indemnización axustada a Lei tanto polas deficiencias e carencias dos servizos contratados como polos abusos sufridos.
chuza.org Says:
2 xuño 2006 at 8:48 am
O negocio das academias e CEFIASA Santiago…
O blog Oposicións narra as peripecias dun afectado polo mal funcionamento desta academia e difunde a denuncia posta por un usuario….
Seve Says:
3 xuño 2006 at 9:33 am
Como comentei en Chuza o tema das academias preparadoras de oposicións é sangrante, na maioría dos casos trátanse de “vivos” que seguen o lema “Todo pola pasta”. Cefiasa ata ser absorbida pola Grupo Adams tiña boa fama e altas taxas de aprobados pero trala absorción escomenzaron as cousas “raras”. Os mellores mestres marcharon ou deixárono por uns motivos ou por outros. Antes vendían os temarios en formato carpeta e podías mercar só os temas que che interesaran, agora venden en formato libro e como non sexas alumno matriculado non che dan actualizacións, como me ocorreu a min. A falta de liberdade de expresión do seu foro é coñecida por todos. Con todo nin se pode comparar con casos de auténticos timos como Adoz Formación da que fun víctima, Masted-D e outras xoias da ensinanza funcionarial.
Exemplos:
http://adozformacion.blogspot.com/
http://www.voy.com/193537/
http://www.gratisweb.com/adozformacion/
oposicions Says:
5 xuño 2006 at 10:41 am
A unión fai a forza.
Se algunha persoa que lea este comentario se atopa na mesma situación, que deixe aquí o seu e-mail e faga o seu comentario do tema. (non sairá publicado)
Tentaremos ir a oficina do consumidor a ver que se pode facer.
Ante todo non debemos deixar que nos timen.
Sempre hai que recordar que entre todos é moito mellor.
Que morra a estafa e que viva a transparencia.
Pedro Rocha Regal Says:
5 outubro 2006 at 9:38 am
Me encuentro en la misma situación. Me dí de baja en mayo por motivos personales y en junio cuando salió el nuevo temario fuí a buscarlo, pues lo daban gratis a los que habiamos comprado el anterior obsoleto. Cuando compramos el anterior nos dijeron que nos lo darían cuando se publicase la convocatoria , porque si no, nadie lo hubiera comprado. En Ferrol empezamos en Abril de 2005 y como no salía la convocatoria a partir de diciembre nos reciclaron a un curso de Xunta, alguna gente se dió de baja por aquel entonces, pues no le interesaba la Xunta, los demás seguimos. Se nos dejo sin ver la parte especial del temario, para posteriormente retomarla pero esto no sucedió, amén de los cambios de profesores y horarios, tal y como expresas. Estuvimos viendo Estatuto y Constitución hasta la saciedad, a pesar de que el grupo se quejo de que ya estaba bien de repasar lo mismo tanto tiempo descuidando otros partes del temario.
Todo esto sucede desde que Adams absorvio a Cefiasa, pues antes no era esta la manera de actuar y te facilitaban todo, podías ir a las clases que quisieras, por ejemplo suprimiendo constitución y estatuto si ya lo habías preparado con anterioridad, te facilitaban gratuitamente las novedades y cambios de temarios ect. otro mundo.
Algunos profesores son nuevos y no dan el mínimo de nivel, te leen el temario, un desastre.
oposicions Says:
5 outubro 2006 at 7:25 pm
Ola Pedro, grazas por escribir neste blog, e espero que che sirva de algo:
En Santiago esta academia está sendo un desastre total tamén.
Cóntoche que despois de levar esta reclamación a oficina de consumo en Santiago (area central), o “excelentísimo” director de Cefiasa non quixo someterse a procedemento de arbitraxe e polo tanto a denuncia pasou a oficina de protección ao consumidor na Coruña, na cal se seguiría o procedemento para ver se lle correspondía á citada academia unha sanción, pero que a pesar de que se chama oficina de “protección ao consumidor”, se a academia non negocia o único que queda é ir aos tribunais, e claro, tampouco e plan por eses cartos!!
En fin, indefensión total. Eles xa o saben, cando cometen tantas infraccións é porque teñen todo controlado!!
Pero cóntoche que aconteceu no local de Cefiasa en Santiago, que os alumnos pediron ver ao director, que nunca aparecía, e un día apareceu.
Con tantas protestas de tantísima xente descontenta díxolles que podían coller o temario a xente que estaba de baixa e o tiña xa pagado, e ao día seguinte as que traballan en recepción dixeronlle que non, e así sucesivamente ata que un día non lles quedou máis remedio que darllo.
Para que lles desen o que era seu, houbo case que chorar!!
Pedro Rocha Regal Says:
9 outubro 2006 at 5:59 pm
Verás o escribir non me sirve de moito, solo o fago para que no te sintas sóa, eu como ves poño o meu nome por se sirve de algo, meu galego e pobre así que tesme que perdoar. Ó dos prezos é unha carallada pois poñen uns pero se a cousa no vai os cambian, para cubrir alguns grupos mentalizan a xente para que prepare outra namentras non sae a convocatoria e así seguir cobrando, e a ley da supervivencia.
Ás reclamación si a fai un só no vai a ningures, pero si hai moita xente reclamando de vez, xa a cousa cambia, Está claro que si se lles presenta unha reclamación en regla coa firma de moita xente previa a unha posible demanda habían de velo doutro xeito, non lles interesa a mala imaxen que podería ter e posiblemente cederían.
Un saudo
fusquenllo Says:
26 outubro 2006 at 10:45 am
ben, eu tiña intencións de apuntarme a algunha academia para sacar oposicións, e vivo na coruña.
xa postos, podedes dicirme que opcións teño? cales son as mellores? se as hai…
vemonos
oposicions Says:
26 outubro 2006 at 12:10 pm
Ola fusquello, benvido ao blog.
Pois o certo é que non teño moita idea das academias boas que haxa pola Coruña, pois eu móvome máis por Santiago.
Parece que a academia cefiasa, está sendo un desastre tanto por Santiago como por coruña. Antes a xente falaba moi ben de esta academia, pero desde que se uniron ao “grupo Adams” parece que se foi ao tacho por todos os sitios, pois aínda que as clases de santiago son de nova creación tamén funciona mal por Coruña.
O negocio das academias está moi ben montado para sacarlle os cartos a xente, e hai moi poucas que sexan realmente boas. De feito, eu optei por prepararme os temas pola miña conta de momento.
Segun os comentarios que me fai a xente, por Santiago funciona ben a academia Premir, aínda que as oposicións que preparan van máis ben dirixidas a xente que prepara oposicións a sanidade pública. Tiveron fai pouco un baixón no funcionamento por problemas que tiveron cos profesores de informática, pero creo que xa o teñen solucionado.
Unha academia da que de momento non oín ningúnha crítica e a Centro Estudio, tamén en Santiago, que a xente que se prepara alí está contenta.
Unha competidora como “grande potencia en academia” en Santiago e a Academia Postal. De esta teño oído de todo. Ten grandes forofos como grandes retractores. Parece que esta academia usa moito a chapatoria como método de estudio, máis que a comprensión, de feito preguntan na clase os artigos das leis memorizados e “cantados” tal cual.
Outro inconveniente é que non deixan levar os test que fas na clase para a casa. (aínda que desde que fixeron unha cefiasa en santiago, e para gañar a xente están sendo máis flexibles neste aspecto.) e debido a sona, tamén é unha academia cara.
Todo isto que che poño son as cousas que lle oes a xente, que desde logo son as que máis tarde publicitan ás academias. E se unha academia non funciona, sempre vai haber alguén que conte a súa vivencia.
Desde logo teño que dicirche, que as academias, aínda que sí axudan a levar un ritmo de estudo, o máis importante é o tempo que ti lle adiques, e as ganas que teñas de sacalas. O demáis son complementos.
A todo isto… ¿Hai por ahí algún ex alumno da academia Galiensino?
Esta academia, a que eu asistin fai anos, foi a mellor academia de todas as que coñecín.
Se non me engano, creo que daban clases tanto en Coruña como en Santiago. Non sei na Coruña, pero en Santiago eran os mellores. (Ademáis de ser unha das máis baratas). O problema desta academia era a parte de informática, que fallaba un pouco coma na maioría de academias.
Moita xente conseguíu aprobar grazas a eles, incluida eu.
Dende aquí grazas, e en especial a Nati, a miña profesora.
Non sei que pasou con ela, que cerrou de un día para outro, e ninguén me sabe dicir porqué.
Bueno, perdoade por todo o rollo que acabo de soltar.
Biquiños para todos os que ledes este blog, e sobre todo moita sorte nesta carreira de obstáculos que son as oposicións.
oposicions Says:
1 novembro 2006 at 6:00 pm
Máis sobre Cefiasa:
Non podo aturar ver como esta academia abusa de este xeito de toda a xente que lles da os seus cartos e confianza para a preparación dun temario.
Teño que dicir que a academia Cefiasa ten unha cousa boa: O foro.
A xente que escribe normalmente no foro da súa páxina é xente moi agradable e solidaria, é un espazo onde coñecer os enredos e dúbidas que ocasiona presentarte a unha oposición, é un moi bo sitio para expoñer preguntas, e onde os compañeiros de fatigas contestan.
Claro que o que fai que o foro sexa bo e a xente que alí escribe, non os que o xestionan, que non teñen ningún pudor en borrar todos os mensaxes que falen do mal funcionamento da súa academia, sen dar lugar a explicación algunha.
Calquera mensaxe que se escriba alí, aínda que para nada sexa ofensiva, se a eles non lles gusta, ou descobre algunha verdade que non queren que se saiba, é borrada inmediatamente.
Neste intre a cabo de ver dúas, que de momento aínda non foron censuradas (e que non tardarán moito en selo, sen explicación algunha pola súa parte)
Poño o enlace para mentres non as censuren:
Descontento Cefiasa
Tamén poño o texto que alí se expón, pois estou segura que dun momento a outro vai ser censurado:
Comentario que lle fixeron a mensaxe:
oposicions Says:
4 novembro 2006 at 11:23 am
Ben, pois o alumno contesta.
Desde aquí, bravo Brais, así se fai!! Es o meu heroe
Moita sorte con esa reclamación.
Resposta de Brais
Coma antes, poño aquí o texto, supoño que isto tamén será borrado moi pronto:
Meryl Says:
1 abril 2007 at 5:13 pm
Buenas!
Yo era alumna de Cefiasa antes de que fuera del grupo Adams y la verdad, acabé cambiandome porque no me convencia demasiado, tengo que reconocer que después de probar en academias de Coruña, al año volví a Cefiasa porque sigue lo mejorcito de Coruña y los profesores igual.
Lo de las clases lo pregunté en Secretaria y me dijeron que realmente eran de 50 minutos no de una hora.¡, además yo también considero que por hacer un descanso de 5 minutos entre clase y clase a nadie le viene mal.
malemab Says:
9 maio 2007 at 11:16 am
Hola!
Estoy de acuerdo con Brais y me quedo sorprendida con la contestación que le dan, que van a intentar mejorar lo del horario. Pues, no sé yo…la queja de Brais es de 2006, yo estuve yendo en 2007 a Cefiasa en Coruña, y no veo ningún cambio.
Queria además comentar mi caso. Yo empecé en septiembre de 2006 a ir a clase, del grupo de Psx/ Aux.Admvo. del SERGAS. Pues bien. Está oposición tenía un temario común (por el que harían un máximo de 12 preguntas en el examen) y entre las asignaturas estaba: Constitución, Estatuto, etc… y un temario específico (el resto de preguntas, hasta un total de 80), entre estas asignautras estaba: Seguridad Social, Presupuestos, etc…
Pues bien. Después de ésto comentar que con Constitución nos tuvieron 3 meses de clase, y con Seguridad Social como mucho cuatro horas. Además de comentar, que el tema de presupuestos (aproximadamente 50 hojas), nos lo explicaron a 15 días del exámen, en una clase de dos horas. Pero, aún hay más!! Entre dos profesores, no sabían quien nos daría el tema de nóminas….con lo que nos lo explicó uno de ellos, el DIA ANTES DEL EXAMEN.
Yo creo, que nos están tomando el pelo a todos!!! ….Y por no comentar lo de la compra de los temarios… que me parece un abuso después de estar pagando una mensualidad de 70 euros (AHHH! pero que por ser de un grupo de sabado por la mañana, a quince dias del examen, un profesor nos comenta que no estamos ni la cuarta parte de preparados de los que van a clase por la semana)
¡ME PARECE DE VERGÜENZA!!! Por que además, nos dió a entender que al mes, pagamos menos….Pero no sé da cuenta, de que a nosotros la hora nos sale bastante más cara, y por encima para que nos digan que no tenemos posibiladad de aprobar.
Me limito a compartir mi experiencia, por si alguién está pensando en matricularse en esta academia . Que todo el mundo sepa que es una tomadura de pelo.
Ferrol Says:
9 maio 2007 at 7:47 pm
Es que los de las academias se pasan mucho.
Si os interesa una en la zona de Ferrol, hay una en Narón muy buena. Ahora está preparando para Guardia Civil, Policía Nacional, Policía Local, Policía Portuaria, Auxiliar Administrativo MAP-Xunta-Ayuntamientos (SERGAS también, pero como no se presentaba nadie, no se dio), para Grupo E de Xunta y Ayuntamientos… y no sé si alguno más.
Yo estoy muy contenta. Hay poca gente, y los profesores muy bien. Hay uno para la parte de teoría de Derecho, otro para informática, otra para gallego y otro para psicotécnicos.
La matrícula son 25€ (no sé si subiría, pero creo que no). Las clases cuestan 90€ al mes. Y el temario no hay que pagarlo ni nada. Es una carpeta de anillas en la que vas metiendo los temas que te van dando.
Las clases son de lunes a viernes, por la mañana de 9.30 a 11.30 y por la tarde de 20.00 a 22.00. Y los dos turnos van al mismo ritmo (página arriba página abajo).
Os pongo el nombre por si os interesa. Se llama “Briefing”. Está en Narón en la calle Rosal. La calle esta es una perpendicular a la Carretera de Castilla un poco más abajo (en dirección Neda) del Ayuntamiento.
Si os interesa, os pongo el teléfono y eso.
Un beso para todos.
P.D: me alegro de no haberme apuntado a Cefiasa, porque estuve a punto de ir.
Candela Says:
9 maio 2007 at 9:12 pm
boas noites a todos!
Pareceme vergonzoso todo o q aqui contades,pero gustariame romper unha lanza en favor da Academia Postal eu levo un ano nela preparando oposicions para PSX,e a verdade q lin q esta academia era tipo chapatoria e teño q decir q a miña experiencia e moi boa e certo q preguntan na clase alguns profesores pero en plan general,eu a verdade non me chapei os articulos e si nos los explican,utilizan a loxica e esplican cas suas propias palabras.Os test case nos lo deixan levar todos en canto os mestres son moi bos sempre pendentes dos alumnos eu estou moi contenta.Non son unha enamorada de esta academia pero pareceme boa en canto o prezo pouco mais se paga q en Cefiasa.Animo a toda a xente q non a coñeza q se achegue e comprobe o q hai.
PD.Decir q na Postal temos mais horas de clase q en Cefiasa.E dende aq ánimo e reconfortante ver q hai xente coma ti,q loita polos dereitos de todos.Moita sorte.Un último comentario pareceme tan mal o q este ano esta facendo o tribunal do sergas,examenes desproporcionados,preguntas q non entran en temario unha vergonza.Ainda q na miña categoria o examen foi facil pero vin sair a moitos dos meus compañeiros moi decepcionados,non sei q queren conseguir asi pero seguro como con case todo van a conseguir exactamente o contrario.Moitos bicos e sorte para todos.
Candela Says:
9 maio 2007 at 9:14 pm
hola amigos
Candela Says:
9 maio 2007 at 9:15 pm
animo
Ferrol Says:
9 maio 2007 at 10:12 pm
Los exámenes del SERGAS son tan complicados porque quiso Paniagua que fueran así. Él quería sacar un número de plazas (muy pocas). Pero entre los sindicatos, xunta y demás, lo presionaron. Así que dijo que muy bien, que sacaba más plazas pero que no aprobaba nadie.
Legola Says:
9 maio 2007 at 11:52 pm
Boas noites , sobre o tema de Cefiasa Ferrol te podo comentar que eu en un numeroso grupo de alumnas da Postal nos hemos ido pra Cefiasa para prepar a proba da Xunta . E que ben hemos feito desde logo non teñen comparacion en Cefiasa nos han dado esquemas e os test cousa que na Postal nin por asomo tiñamos que pagar hasta as fotocopias , tamen quero destacar que tamen nos facilitan os simulacros dos examens da proba de informatica asi como teñen unhas horas de tutorias para poder resolverte dudas todo no mesmo prezo , e eu as mias amigas non tiñamos nada de iso na Postal .
Ferrol Says:
10 maio 2007 at 11:30 am
Yo tengo una amiga que estaba en cefiasa ferrol preparando para enfermería del sergas, y se cambió de academia, porque allí era un desastre. Empezaron un montón de temas y no acabaron ni uno.
Susana Says:
11 maio 2007 at 9:49 am
Hola:
Pues vaya como está el patio…la verdad es que yo conozco a 2 personas que se han preparado y aprobado en Cefiasa-Adams, una en Ferrol (auxiliares de la Xunta) y otro en Santiago (auxilares del Map) , y están muy contentos con su preparación y con los profesores, la verdad es que después de oirlos a ellos hablar maravillas estos comentarios me han chocado un montón…en fin! Está claro que nunca llueve a gusto de todos.
Mucha suerte!!
opositorailusionada Says:
24 maio 2007 at 9:48 pm
hola! son unha alumna que esta preparando as oposicions da xunta en centro estudio (pontevedra). a pouco tempo do exame teño que decir que non estou de todo descontenta co funcionamento do centro, e que o recomendo. tivemos os nosos problemiñas, sobretodo coa direccion, pero que se viron compensados polos profesores, especialmente os encargados de impartir a parte comun do temario. fixerono ameno, explican o temario moi ben, e sobretodo preocuparonse por nós. quizá nos temas de especifico da miña categoria andivemos perdidas o principio pola dificultade que tiveron de atopar un profesor bo (que non se limitase a ler o temario na clase). pero ante as nosas protestas foronos cambiando e o final (ao mellor algo tarde) resultou ben. o maior problema que atopei foron os temas feitos a ordenador que deixaban bastante que desexar polos contidos (temario especifico) pero loxico cando non son os profesores que o van a explicar os que o elaboran.
en resumen, creo que cos esforzos dos profesores ( e sobretodo co meu) non vou mal preparada
puto pollo Says:
7 xuño 2007 at 10:20 am
hola, eu tamén fun alumno de Cefiasa e tamén marchei descontento igual non tanto coma vos pero habia algunas cousas q non aturaba.
eu sempre taba puntual nas suas clases, e eles chegaban incluso 20 minutos tarde e ainda por riba deixabannos sair 10 minutos antes e largabanse
despois lian do libro, pa lear do libro leo na casa, e despois o final poñianos a facer un test e festa, os test podianse mandar perfectamente para casa xa que o horario de estudo suponse que é na casa e nas aulas é o de explicar non? vamos que os profesores non facian nada.
jrelo Says:
18 xuño 2007 at 6:18 pm
eu estaba en academia postal en santiago e non acabei descontento de todo. os profesores, en xeral, moi preparados (e sobre todo na parte de informática práctica, que é do que a xente soe queixarse bastante). o problema, que non che deixan os test.
agora vivo en coruña e estou pensando en rematricularme. non sei como irá academia postal aquí. alguén pode aportarme algunha luz?? (dígoo porque me gardan a matrícula ao non pasar un ano dende que deixei a academia de santiago).
María Says:
21 xuño 2007 at 8:35 pm
Yo estoy en Cefiasa A Coruña y estoy muy descontenta. Sé de gente que ha estado en Academia Postal y dice que es aún peor que Cefiasa, pero yo solo conozco directamente Cefiasa. Hay muy poquitos profesores buenos y no se puede decir que todos ellos tengan educación ;conozco un caso de una que alcanza la categoría de auténtica impresentable que no debería estar en un aula. El resto son “parches” que ponen para salvar la situación. Gente que se limita a leer los esquemas y ni se molestan en explicar. No tienen la mínima preocupación porque queden claras las cosas. Van allí, sueltan el rollo y cobran. Otros carecen claramente de la preparación necesaria para dar las clases. El material es caro, y lo único positivo es que te facilitan las novedades gratis una vez lo has comprado (sólo faltaba que tuviésemos que comprarlo de nuevo). Las mensualidades son cada vez más exageradamente caras y yo he llegado a la conclusión de que esta academia supone una ayuda mínima. Estoy de acuerdo con lo que decís algunos de vosotros, que la mayor parte es el esfuerzo personal. La gente que aprueba es la que ha echado muchas horas en la biblioteca. Los de Cefiasa gente son como vampiros chupa-sangre, porque a pesar del dinero que dejamos allí nunca les llega y no saben qué inventar para sacar más. Yo he decidido empezar a preparar las oposiciones sola, porque Cefiasa no me convence para nada y sale demasiado cara para lo que ofrece. De todos modos si sabéis de alguna academia buena en A Coruña avisad, por favor.
Suerte a todos con vuestros respectivos exámenes y un saludo.
Olalla Says:
25 xullo 2007 at 11:25 pm
Hola a todos!
La verdad es que me estoy quedando alucinada con las cosas que esoty leyendo. Yo esoty mirando academias para matricularme en el mes de septiembre para las oposiciones a maestro de primaria en Santiago, pero visto lo visto ya no se como podría distinguir unas academias de otras… Alguien podría hacerme alguna recomendación?? Me dijeron que la Premir en santiago era muy buena para oposiciones de primaria, algo que objetar?? La verdad es que me he quedado un poco asustada y cualquier opinión sobre oposiciones en este ámbito me seria de gran ayuda. Muchas gracias!!!
mon Says:
1 agosto 2007 at 10:20 pm
Hola a todos! a verdade é que estou alucinada cos comentarios casi unánimes a cerca de Cefiasa en breves eu tamén serei futura opositora e a verdade é que pensaba que esta academia que ten tanta publicidade era outra cousa pero a hora da verdade quen ten a última palabra para opinar e facer publicidade tanto positiva como negativa son os alumnos e neste foro parece que a xente ten unha opinión bastante negativa, o cal, neste momento me xenera bastantes dúbidas a hora de matricularme posto que non me apetece tirar có diñeiro nin có tempo, como a maioría de vños e por suposto que tomen o pelo.
alguén me podería recomendar algunha academia que prepare oposicións en Santiago? grazas e sorte a todos!!!
Juan Says:
11 setembro 2007 at 11:00 am
Hola a todos:
Yo tengo una amiga que iba a la Premir en Santiago para las oposiciones del Sergas. Le cambiaron de profesor varias veces y de cada vez empezaban de nuevo, además de no saber contestar a una y otra pregunta… Estaba enfadadísima. Yo hacía años que ya había ido a una academia especializada en Informática: Makinfor. Ahí sólo preparan la parte de informática, pero tienen un sistema en el que te explican a tí, no explican en grupo (por lo menos antes era el sistema que tenían, y a mi amiga también le explicaron así), puedes combinar el horario como mejor te venga, ya que te explican individualmente a ti. La verdad es que ella quedó encantanda (se llevó a dos amigas más para allí). La pena que les quedó es no haber ido antes, en vez de empezar tan pronto en la Premir. Lo que me extraña es que no haya más comentarios de esta academia pues sé de más gente que está muy contenta con ella.
Informaros vosotros mismos, a ver si sigue igual.
Mucha suerte.
Juan
Lucía Says:
4 outubro 2007 at 5:36 pm
Hola!
Eu tamén stou alucinando co que decides das Academias. Estou buscando unha para preparar Xestión Procesual en Vigo, e dudaba entre Cefiasa ou Tesis. Podédesme aconsellar algunha delas?
Gracias
sole Says:
5 outubro 2007 at 2:37 pm
Hola a tod@s! acabo de ler alúns dos comentarios e a verdade e que estou de pedra pois hai pouco que adquirin os temarios en CEfiasa pero como estudante a distancia. Estes son para auxiliares da Xunta pero estiven pensando en matricularme para auxiliares da universidade de Santiago.
Sabén alguén como podería conseguir os temas para preparar os exames de auxiliar da universidade de santiago.
En vista do que comentades dame un pouco de medo matricularme en Cefiasa e, posto que traballo non podo asistir a moitas clases. ç
Grazas.
miramisole Says:
6 outubro 2007 at 10:37 am
Ola a tod@s, quedo fría cada vez que leo os vosos comentarios.
Sabedes algún xeito de conseguir os temarios a auxiliares da universidade e así poder preparar a oposicion por libre?
Penso que se deberia de montar algún tipo de foro onde puidesemos intercambiar temarios e tests sen necesidade de continuar alimentando a codicia dun grupo de xentes que xogan coas ilusions de tanta xente.
crack Says:
11 outubro 2007 at 7:02 pm
Jjajaj vaya risa con la potal de ferrol les aprobo alguien Map ?
Reis Says:
17 outubro 2007 at 8:49 pm
Moi boas!
Eu estou comezando con esto das oposicións ó SERGAS, pero de momento buscando temario da parte común para preparalas por libre.
¿En canto a temario, que me aconsellades: o temario de CEFIASA ou, pola contra da EDITORIAL MAD? ,
Mónica Says:
20 outubro 2007 at 2:45 am
Hola, estoy buscando una academia en Coruña, para preparar oposiciones, alguien puede decirme de alguna?? de Cefisa, me comentaron, que tenían los temarios muy atrasados.. Gracias
Con respecto a las editoriales, Reis, te cuento que yo me compré hace un año los libros de PSG, de la editorial CEP, y más que estudiar, me dedicaba a buscar errores, me puse en contacto con la editoral, y me decían que le fuese diciendo los fallos, y luego me los remitían corregidos…. obviamente, no estudié por ellos, porque para errores, me hago las 8 diferencias de la Voz, luego fui a Couceiro, donde los compré y lo unico que conseguí, desppues de ponerme como una fiera es que me abonasen los libros…. mi tiempo de estudio, perdido se la traía floja. Ahora, espero respuesta de la oficina del consumidor, pero aún no sé nada. Creo que algunas editoriales, se dedican al corta pega y luego te encuentras con textos sin sentido, como me ocurrió a mi… DENUNCIADDDDD!!!!!!!!!!!!!!!!! Que no nos tomen el pelo!!!!!!!!!!!!
bueno un saludo a todos y suerte con las academias libros y oposiciones, que es lo que nos importa
chauuuuuu
pirus Says:
12 novembro 2007 at 9:28 am
hola, mi marido fue a cefiasa en el 2001 y muy bien pero volvió ahora en coruña en el 2007 y mal, perdieron mucho. Tardan en llegar a clase los profesores y al final haces el test, que lo puedes y deberias hacer en casa.
sun Says:
28 novembro 2007 at 9:52 pm
¿Alguien puede opinar de la academia Pomba?
uli Says:
30 novembro 2007 at 10:47 am
Eu preparei as opos do MAP no 2006 na Cefiasa, e teño q aclarar:
-foi o ano no q cambiaron o sistema de avaliación
-a academia de ourense é mediocre no seu funcionamento
-o mellor son alguns dos profesores, preparan moi ben, ainda q o numero de horas son insuficientes.
Desde logo q a academia podia mellorar bastante para o q cobran.
Eli Says:
4 decembro 2007 at 3:47 pm
Buenas a todos:
Yo estoy en Makinfor…¡Estoy encantada!. Aparte de aprender, lo que me gusta es el trato personal que tienen. Además yo venía ya rebotada de otras academias, a cada cual peor. Ahora ya tengo los temarios de unas y otras (desgraciadamente para mi bolsillo). Yo estoy preparando las oposiciones de auxiliar para el Estado. Preparo ya por mi cuenta la otra parte y de informática asisto a esta academia. La recomiendo.
Suerte a todos con vuetros exámenes (que algunos ya estáis con ellos).
Un saludo. Eli.
nati Says:
25 febreiro 2008 at 10:17 am
ola ,yo estoy buscando una academia en santiago de compostela para preparar las oposiciones de auxiliar administrativo de la xunta y del estado.Dudo entre la academia postal y cefiasa.Esta última es más cara y me dan menos horas, pero me vienen mejor los horarios. Después de leer los negativos comentarios sobre cefiasa santiago en los foros, no se que hacer.
Alguien me puede ayudar???
Lamer Says:
5 maio 2008 at 6:44 pm
Hola, yo he estado también por la cefiasa Ourense, y bueno, Constitución era bastante buena, pero Informática era un autentico desastre,…, con decir que nos dieron Hardware en dos semanas y Excel en un día. Es increible lo que pasa allí, yo creo que desde que entraron en Adams han tocado fondo.
admon xunta Says:
16 xuño 2008 at 12:05 pm
Yo conozco Centro Estudio. Estuve el año pasado, y a los que vivais en Santiago os la recomiendo antes que Cefiasa. Tienen un trato más personal, se preocupan por los alumnos y en Santiago tienen profesores bastantes buenos.
Yo estoy viviendo en Vigo, y allí no hay Centro Estudio. Alguien preparó el año pasado cuerpos generales de la Xunta (Grupo C) en cefiasa. Que tal los profesores?
Xela Says:
22 xullo 2008 at 4:38 pm
Hola a todos!, despois de leer todolos comentarios, xa non sei que facer! quería preparar unha oposición para aux administrativo á xunta, e claro pretendía ir a algunha academia, pero parece que ningunha é formal.
son da Coruña e aquí a que maís xente ten é Cefiasa, pero dpois do que teño lido aquí, non me apetece que me timen! algunha recomendación?? pódese conseguir o temario e preparalo por libre??
Graciñas e un saúdo
Isa Says:
16 setembro 2008 at 4:09 pm
Ola a todas e todos!
Ando buscando academia por Compostela e non sei moi ben por onde empezar nin a quen dirixirme. Vistos os comentarios xa desconfío de todo…
Alguén me pode dicir cal funciona ben hoxe en día?
Grazas e saúdos
Vane Says:
23 setembro 2008 at 9:21 am
Hola eu estiven na cademia cefiasa de Ferrol e a verdada e que quedei moi defraudada xa que case todo o temario o deron a final de curso cando xa era a hora da oposición recomendo que busquedes otra academia pois cefiasa cobra moito e ensina pouco. Os profesores chegan tarde explican lendo o que hai no libro se preguntas algo parecelle mal. Espero encontrar algun día unha boa academia.
MENDRUGO Says:
26 novembro 2008 at 7:06 pm
Vane e mellor a postal non jajaja