O persoal das Fundacións integraranse no SERGAS sen oposición pública
¿Será posible que nunca remate o sistema do inchufismo?
Non fai moito escoitei nunha nova, non sei se de radio ou de televisión que Galiza era a comunidade autónoma con máis índice de enchufismo de toda España.
E agora eu engado: o peor de todo é que no fondo hai xente (e xa estou desgraciadamente comezando a pensar que é a maioría) que o considera normal.
Non é a primeira vez que estando a falar con algún amigo/a me comentan que a eles no fondo lles parece normal, que o importante é que a xente vaia mínimamente preparada, que logo dá igual a forma na que sexa o seu acceso: por enchufismo ou legal
Parécelles normal porque xa están acostumados a que sexa así: á tremenda inxustiza e ao mesmo tempo discriminación que iso supón para quen non coñece a ningunha persoa desas “interesantes” que che poden botar un “cable”, non tes suficiente efectivo no banco para comprar esa “amizade” e “favor” ou simplemente os teus prexuízos, a túa forma de ser cho impide porque te sentirías coma o que serías: Unha persoa que lle está quitando o posto a outra que o merece, que loitou por el e que está máis preparada ca ti.
Esas persoas están a xogar con todo o sistema, e benefícianse do que é de todos, do que todos temos dereito:
Temos dereito a un acceso igualitario!
A administración somos todos, porque a estamos sostendo todos, logo esas persoas son os parasitos da administración, os que nos están roubando os nosos dereitos.
E o que é peor se cabe, é a forma en que os gobernantes encobren esta practica facultando o enchufismo, mediante sistemas polos que unha persoa pode ser contratada, ou elixida con unha entrevista persoal.
¿De verdade pensan que os administrados nos chupamos o dedo? Dámosnos perfecta conta que o elixido será sen dúbida un gran amigo de feito ou de “dereito” do entrevistador
Fai uns días saíu publicada a convocatoria para unha oposición para a Fundación Virxe da Xunqueira de Cee, íame a presentar, ata que cheguei á parte na que versaba: “Unha das probas será unha entrevista persoal” xa non me presento. É a última cuadrilla de trifásicos a incorporar ata que se incorporen á sanidade pública e pasen a ser do SERGAS… pero, non se preocupen señores enchufados, vostedes conserven os seus contactos que o sergas seguirá aportando novos lugares para vostedes, dentro e fora da fundación.
Hai que aclarar que esta xente pasará a ser do Servizo Galego de Saúde, é dicir , a ser da sanidade pública, e polo tanto pasarán a desempeñar postos públicos con data de 31/12/2006.
chuza.org Says:
24 maio 2006 at 1:05 pm
O persoal das fundacións integrarase no SERGAS sen oposición pública…
Xunto ao proceso de integración das fundacións na sanidade pública moitos traballadores acadarán un posto de traballo público sen ter pasado por un concurso ou oposición. Moitos foron contratados por decisións tomadas en entrevistas persoais. Ca…
oposicions Says:
6 xullo 2006 at 8:20 am
¿pero é que neste xuízo hai algunha parte inocente?. Dubídoo.
Se ese é o castigo por ter a intención de timar a unha familia que intenta delinquir, cal será o castigo para os que intentan cometer o delito? saíralles ben ou mal, eles tamen son culpables. No meu xeito de velo máis que o acusado…
Para saber ao qué me refiro ir á seguinte páxina: http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?TEXTO=4776054&CAT=102
oposicions Says:
10 xullo 2006 at 12:09 am
Coa axuda dos sindicatos o sergas non suprime, pero fai menos “dolosa” e máis responsable a fase de entrevista nas fundacións que van a pasar a ser do Sergas. Todo un logro
Xosé Manuel Meijome Says:
25 xullo 2006 at 8:38 pm
Ehh… nas fundacions facer fixeronse oposicions claro que con probas tipo “psicotécnico” i entrevistas mais fixéronse. O traballo que alí se leva a cabo non desmerece en nada ó que se fai no resto dos centros públicos (que públicas son as fundacions ainda que non as xestione a administración) sen que o “corsé” do estatuto limite as funcions e creen situacions esperpénticas como que se deban empregar dúas persoas para trasladar unha mostra a un laboratorio…
oposicions Says:
26 xullo 2006 at 10:12 am
Estou totalmente dacordo contigo, o persoal que traballa nas fundacións desempeña os seus postos coma calquera traballador, e seguramente que con moito máis control que na pública propiamente dita a hora de desepeñar as súas funcións (e incluso as que non son verdadeiramente súas), cumpren mellor cos horarios etc…
Pero o sistema da entrevista debería descartarse cando se trata de acceder a un posto público. Non trato de dicir que todos os que accederon por este sistema estean no allo, pero seguramente unha grande parte.
Por iso non me parece nada ético que se pretenda desenvolver unha oposición as portas de unha integración co sergas, e moito menos que se siga con este sistema a estas alturas.
Se están a piques de integrarse, a pasar a ser xestionados polo sergas, esta oposición de entrada xa non debería existir, para iso xa hai unha oferta de emprego para o SERGAS, sería normal que os accesos a partir de xa se produciran por unha convocatoria do sergas.
¿para qué logo esta convocatoria das fundacións neste preciso momento? Sospeitoso
E recente tamén a apertura de listaxes de contratación temporal para case todas as fundacións. E agora a miña dúbida. ¿para qué? ¿non van a xestionarse polo sergas nun curto prazo? Isto último xa é máis que nada unha dúbida existencial das miñas…
oposicions Says:
27 xullo 2006 at 10:37 pm
Isto xa está un pouquiño mellor:
Ref.: RGV/gcf
En relación co proceso selectivo da fundación pública Hospital Virxe da
xunqueira de Cee convocado no DOG do 5 de xuño de 2006, está División propón:
1.- Memoria do persoal facultativo
Vista a proposta que, a petición da División de Recursos Humanos e
Desenvolvemento profesional, formulou a comisión de selección constituída ao
efecto, consistente no desenvolvemento dos apartados dos que pode constar a
memoria, esta División propón que se proceda a publicación da devandita proposta
para xeral coñecemento dos aspirantes.
Nas data de realización da proba, a comisión de selección determinará,
mediante sorteo o chou, o apartados/apartados que deberán ser desenvolvidos
polos aspirantes.
2.- Entrevista
En canto a entrevista, última parte do proceso, prevista, en principio, para
todas as categorías, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional propón que sexa cualificada como APTO/NON APTO de tal xeito que
teña unha puntuación neutra entre todos os aspirantes que a superen.
A comisión de selección deberá motivar suficientemente os aspirantes que
sexan cualificados como Non Aptos.
3.- Datas de realización das probas
Polo que se refire as datas dos exercicios o igual que o resto de fundacións e
empresas públicas, a fundación Virxe da Xunqueira poderá establecer con toda
liberdade as datas das probas das categorías facultativas. Para o resto das
categorías, as datas serán coincidentes coa datas que estableza o Sergas para a
OPE do organismo (previstas para o derradeiro trimestre do presente ano).
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2006
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E
DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL
Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua
DIRECTOR DA FUNDACIÓN HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA.-
oposicions Says:
27 outubro 2006 at 11:31 am
Digo un “pouquiño”, pero so un pouquiño….
Agradécese que a entrevista non favoreza con puntos a maiores, aínda que se te declaran non apto xa se fastidia o invento.
Que sexa nas mesmas datas que a ope do sergas.. bueno pois si. ¿non debería tamén ser no mesmo lugar, mesma hora e mesmo exame? ¿perdón? ¿E que non van a ser xa do sergas cando sexan os primeiros exames?
Isto e a trapallada máis grande que vin na miña vida!!